Friday 10 de May de 2024

A Ágora acolle o XV Congreso Nacional da Federación Española de Medicina do Deporte


A iniciativa, que se celebra do 26 ao 29 deste mes, está dirixida a profesionais que, a través de 33 horas de actividade, tratarán temas como o adestramento e a mellora do rendemento, a nutrición ou as lesións deportivas

O Concello, a través da área de Educación, Deportes e Xuventude que dirixe Francisco Mourelo, informa sobre o XV Congreso Nacional da Federación Española de Medicina do Deporte que se desenvolverá, do 26 ao 29 de novembro, na Ágora, organizado polo Concello da Coruña e a entidade.
A iniciativa está dirixida a todos os profesionais que traballan nos diferentes aspectos da Medicina do Deporte e ciencias afíns e tratará temas como o adestramento e a mellora do rendemento, biomecánica, cardioloxía do deporte, fisioloxía do esforzo, nutrición e axudas ergogénicas, cineantropometría, lesións deportivas (diagnóstico, prevención e tratamento) e, finalmente, actividade física e saúde; a través de 33 horas de conferencias, relatorios, simposios e mesas redondas, comunicacións orais e postersinteractivos diarios para a presentación das diferentes comunicacións científicas.
En total, participarán 50 profesionais da medicina, o deporte e a saúde, entre médicos especialistas en medicina do deporte, cardiólogos, traumatólogos, doutores en educación física, endócrinos, investigadores, cirurxiáns e fisioterapeutas, tanto españois coma especialistas estranxeiros de Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Qatar e Alemaña.
O Concello, consciente de que o movemento deportivo é imprescindible para promover a práctica da actividade deportiva na sociedade, intervén activamente seguindo as directrices do libro Branco sobre o deporte na Unión Europea que ten como obxectivo preferente o de mellorar a saúde de toda a poboación a través da actividade física.
Neste sentido, a través da Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude trabállase promovendo o papel do deporte entre os máis novos por medio da educación e a formación, impulsando a cidadanía activa así como o voluntariado a través da práctica deportiva, utilizando o extraordinaria capacidade de unión do deporte para alcanzar unha profunda inclusión social mediante un sentimento compartido de pertenza e inclusión, así como a integración e igualdade de oportunidades para traballar outros valores como a prevención contra o racismo e a violencia.
Ademais, a política deportiva municipal baséase en catro medidas específicas de impulso ao deporte base e á saúde escolar creando eventos deportivos atractivos para crear hábitos regulares de actividade física:
1. Posta en marcha os Xogos escolares entre os centros educativos coruñeses coa participación anual de máis de 1.000 alumnos de todas as idades dende 2º de Primaria ata bacharelato e FP, en 8 disciplinas deportivas: baloncesto, balonmán, xadrez, tenis, voleibol, wáter-polo, fútbol e fútbol sala.
2. Tamén, dentro do ámbito educativo, púxose en marcha un programa pioneiro para a saúde escolar como é Educa Saúde no que participaron xa 4.587 escolares de 0 a 12 anos e máis de 1.000 familias.
3. A creación do circuíto de carreiras populares Coruña Correcomposta de 6 probas Nos rosales, Novo Mesoiro, Torre de Hércules, San Pedro de Visma, Ventorrillo e Oza. Participaron nas dúas edicións máis de 2.500 corredores de todas as idades cun premio especial para as categoría de familias.
1. Un profunda renovación das Escola Deportivas Municipais coa creación de máis grupos para todas as idades e unha oferta de 22 actividades deportivas, 8 novas este ano, distribuídas en dez instalacións municipais.
Tras a celebración deste congreso, o primeiro de medicina do deporte que se celebra na cidade, chegará o Congreso Nacional de Traumatoloxía no ano 2016.